Nos

Unhas Poucas palabras

A Pulperia Rial foi fundada por Jose Manuel Rial e Lidia Angueira e inaugurada o 11 de febreiro de 1983. A casa que acolleu a apertura sufriu reformas cinco anos despois, en 1988.

A Pulpería Rial, desde a súa fundación ata o día de hoxe, quixo ser un lugar popular onde se fomentasen os produtos galegos e a nosa gastronomía, pero tamén un referente da cultura galega en xeral, primando como é lóxico os valores históricos, artísticos e literarios de Padrón, importante referencia entre os lugares xacobeos, e tamén de toda a súa rica comarca. Os comezos da Pulpería Rial, como para case todos, foi duro. Sen deixar de ser unha empresa familiar, na que é tan importante o trato humano, hoxe ten unha proxección social indiscutible e é unha referencia gastronómica de toda a comarca.

Por que nos?

que ofrecemos?

  • Trato Familiar

    Na nosa Pulpería é fundamental o contacto ca xente, porque sae de nós, porque nos gusta conversar, rir, compartir e facer que á túa visita sexa o máis pracenteira posible.

  • Profesionalidade

    Nunca deixaremos de ser profesionais para atenderche coa maior rapidez e eficacia que sexa posible. Estaremos pendentes de ofrecerche un servizo de calidade para que ti só te ocupes de desfrutar.

  • Boa Cociña

    É o máis importante, a nosa razón de ser. Cada día cociñamos con moito agarimo todos os nosos pratos para ofrecerche a mellor cociña galega.

Reservas

Fai a tua reserva e disfruta dos mellores produtos do mercado. Na nosa pulpería encontrarás o mellor da cociña tradicional para compartir cos teus amigos e familia.

Podes facer a túa reserva no noso número de telefono ou enviandonos o formulario de contacto.

FAI A TUA RESERVA AGORA!

+34 981 811 624